Project Description

Un ano máis, organizamos da man da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a Xornada de Presentación de Axudas ás Entidades Locais para Incrementar a Ecoeficiencia na Xestión dos Residuos de Competencia Municipal, en Santiago de Compostela o 12 de febreiro de 2026.

A Xunta de Galicia asesorará en materia de residuos ás entidades municipais para facilitar a cooperación entre administracións co obxectivo de avanzar cara a unha economía circular.

Dende Comparte nos encargamos da produción do evento e a coordinación dos asistentes.