Project Description
Comparte en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático organizou a Xornada de presentación das Axudas 2025 en materia de Xestión de Residuos levada a cabo o 17 de xaneiro no Auditorio 1 do Edificio Cinc non Gaias, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
A Xunta de Galicia asesorará en materia de residuos ás entidades municipais para facilitar a cooperación entre administracións co obxectivo de avanzar cara a unha economía circular.
Durante a clausura da xornada de presentación das axudas para 2025 en materia de residuos municipais, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, avanzou a posta en marcha dunha oficina específica de asesoramento técnico especializado en materia de residuos municipais para axilizar os trámite e facilitar a relación das diferentes entidades coa Xunta e avanzar na sustentabilidade, na economía circular e na protección ambiental.
Despois de lembrar que o Goberno galego prevé presentar no Parlamento antes de que finalice o verán a futura Lei de administración ambiental simplificada, a conselleira incidiu en que a Xunta está «á beira dos concellos» poñendo á súa disposición as ferramentas que sexan precisas para desenvolver un modelo máis sostible e eficiente na xestión dos residuos.
Nesa liña, Ángeles Vázquez puxo en valor a xornada celebrada hoxe en Santiago de Compostela, na que representantes da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sustentabilidade explicaron de maneira práctica as diferentes liñas de axudas que convocou a Xunta para este ano 2025 nesta materia.
Más polo miúdo, o Goberno galego destina 9,2 millóns de euros a unha liña de apoios destinada á recollida separada de biorresiduos e residuos especiais como aceites ou téxtiles e, por outra banda, as entidades locais poden optar a outros 2,5 millóns de euros para subvencionar a construción ou mellora de puntos limpos e de instalacións de preparación para a reutilización e/o autorreparación de residuos domésticos recolleitos separadamente.
A maiores, a conselleira fixo fincapé en que esta xornada tamén foi unha boa oportunidade para coñecer as inquietudes das entidades locais, así como para recoller información de interese e intercambiar experiencias e propostas de fronte ao futuro.
Para concluír, Ángeles Vázquez apelou á corresponsabilidade de todas as administracións para «traballar unidos» para ofrecer o mellor servizo á cidadanía e avanzar cara ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.