Project Description
Mercado de troco e segunda man
Comparte en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, organizou un mercado circular e de proximidade entre veciños de todas as localidades cercanas a Vigo.
O Tinglado é unha iniciativa para dar unha segunda vida aos obxectos e prendas que temos na casa, e que están en desuso. Un mercado entre particulares e que aposta pola economía circular. Unha forma de consumo na casa e entre particulares, sen a necesidade de intermediarios e coa cercanía das persoas.
O Tinglado de Vigo tamén cobrou especial importancia polas datas nas que se produciu, as navidades son datas de estar coa familia e desfrute, polo que é esencial dar opcións de consumo diferentes como a que supón o Tinglado. Unha alternativa consciente e sostible para particulares, un punto de encontro sen renunciar á calidade e a durabilidade dos obxectos e as prendas.

Funcionamento
- O Concello cede un lugar para a realización do mercado.
- Os veciños interesados poden solicitar a través dun formulario web un dos 44 espazos habilitados.
- A cesión do espazo pode ser durante todo o día ou ben en quenda de mañá ou de tarde.
- As prazas son limitadas e en función das solicitudes a organización avisará aos veciños que obteñan a praza.
- O acceso ao recinto é gratuíto tanto para os vendedores como para os compradores.
O noso traballo
Comparte encárgase da organización do Mercado, que inclúe:
- Deseño, produción, montaxe e desmonte do mobiliario e decoración.
- Deseño e produción de Merchandising, roupa, etc.
- Comunicación e publicidade do evento.
- Xestión das inscricións e comunicación cos veciños.
- Coordinación dos promotores.
