Project Description
Mercado de segunda man realizado na Sala Curuxeiras, na zona do Porto da cidade de Ferrol. En colaboración directa coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, organizouse un mercado circular e de proximidade entre particulares.
O Tinglado é unha iniciativa para dar unha segunda vida aos obxectos e prendas que temos na casa, e que están en desuso. Un mercado entre particulares e que aposta pola economía circular. Unha forma de consumo na casa e entre particulares, sen a necesidade de intermediarios e coa cercanía das persoas.
#teñogañasdeTinglado
Funcionamento
- Os veciños interesados poden solicitar a través dun formulario web (otinglado.gal) un dos 60 espazos habilitados. (30 o sábado e 30 o domingo).
- As prazas son limitadas e en función das solicitudes a organización avisará aos veciños que obteñan a praza.
- O acceso ao recinto é gratuíto tanto para os vendedores como para os compradores. Dandolle actividades e movemento á recentemente renovada Sala Curuxeiras.
O noso traballo
Comparte encárgase da organización do Mercado, que inclúe:
- Deseño, produción, montaxe e desmonte do mobiliario e decoración.
- Deseño e produción de Merchandising, roupa, etc.
- Comunicación e publicidade do evento.
- Xestión das inscricións e comunicación cos veciños.
- Coordinación dos promotores.