Project Description

Mercado Circular entre particulares de artigos de segunda man celebrado en Palexco, A Coruña. En colaboración directa coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, organizamos un mercado circular e de proximidade entre particulares.

O Tinglado é unha iniciativa para dar unha segunda vida aos obxectos e prendas que temos na casa, e que están en desuso. Un mercado entre particulares e que aposta pola economía circular.

Unha forma de consumo na casa e entre particulares, sen a necesidade de intermediarios e coa cercanía das persoas.

#OTingladoDaCoruña

Funcionamento

  • Os veciños interesados puideron solicitar a través dun formulario web (otinglado.gal) un dos 140 espazos habilitados (70 cada día).
  • As prazas son limitadas e en orden de chegada das solicitudes a organización avisa aos veciños que obteñan praza.
  • O acceso ao recinto é gratuíto tanto para os vendedores como para os compradores.

O noso traballo

Comparte encárgase da organización do Tinglado, que inclúe:

  • Deseño, produción, montaxe e desmonte do mobiliario e decoración.
  • Deseño e produción de Merchandising, roupa, etc.
  • Comunicación e publicidade do evento.
  • Xestión das inscricións e comunicación cos veciños.
  • Coordinación dos promotores.