Project Description

Nestas datas, que non sobren as sobras!

Unha vez máis, en colaboración coa Xunta de Galicia, realizamos esta campaña informativa nos principais mercados galegos para convidar á cidadanía a reducir o desperdicio alimentario e consumir dun xeito máis sostible. Especialmente nas datas do Entroido, pero tamén para o resto do ano. 

Os nosos promotores estiveron repartindo máis dun milleiro de culleres de pau promocionais nos mercados de abastos de Santiago de Compostela, A Coruña (San Agustín, Conchiñas, Monte Alto, Elviña e a Praza de Lugo), Vigo (O Progreso, As Travesas, O Calvario e O Berbés), Ferrol (A Magdalena), Ourense (Ponte Canedo e Praza de Abastos) e Pontevedra.

As culleres promocionais contan cun código QR serigrafiado co cal se pode acceder a quenonsobrenassobras.gal, unha páxina web con receitas de aproveitamento inspiradas nas sobras máis habituais nestas datas, para recuperar os bos hábitos da cultura galega coa actualización de pratos tradicionais.