Project Description

Presentación Oficina de Economía Circular Municipal de Galica 2025

No Hotel San Francisco de Santiago de Compostela, a día 15 de maio, realizamos xunto á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático o evento de presentación de este espazo de colaboración e sinerxía entre as entidades locais de todo o territorio galego.

A Xunta reforza así, o seu apoio aos concellos na xestión de residuos e na transformación ata un modelo máis sostible. Promovendo así modelos de crecemento económico sostibles e neutros.

A creación desta oficina busca promover modeles de crecemento sostibles e neutros dende o punto de vista climático, ser máis respectuosos coa nosa contorna e comezando con accións locais.

Con este apoio técnico especializado os concellos poderán levar a cabo actuacións para acadar a mellora da eficiencia dos sistemas de recollida de residuos e a creación de foros e encontros para o intercambio de coñecementos e boas prácticas entre as EELL.

No acto estiveron presentes tanto a Directora Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría, como a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, que resaltaron o rol fundamental na acción local das EELL, coa intención de acadar resultados a nivel Galicia, e seguir sumando argumentos como refuxio climático e exemplo a nivel europeo.