Project Description

Presentación Oficina de Economía Circular Industrial de Galica 2025

No Hotel San Francisco de Santiago de Compostela, a día 20 de maio, realizamos xunto á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático o evento de presentación de este espazo de colaboración e sinerxía entre entidades de toda Galicia, coa intención de acadar obxectivos a medio-longo prazo. Contamos con máis de 150 entidades e con máis de 200 representantes de todo os sectores estratéxicos.

A creación desta oficina – que se suma á lanzada a pasada semana para asesorar ás EELL – forma parte da aposta da Xunta de Galicia por acadar unha excelencia ambiental mediante a coordinación coas corporacións locais e as entidades privadas, actores fundamentais en todo o proceso. Avanzar ata un modelo económico e social que aposte pola circularidade, en liña coa Estratexia Galega de Economía Circular 2030, emanando dos principios do Pacto Verde Europeo.

Neste paraugas a Xunta de Galicia creará, como anunciou na xornada a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, unha bolsa para o intercambio de residuos e subprodutos entre empresarios fin de aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles.

Esta nova oficina servirá como apoio fixo ao tecido produtivo, como o asesoramento xeral, a elaboración de estudos e informes en materia de xestión de residuos, así como guías e manuais, ou a creación dun inventario galego de accións circulares para coñecer o estado real da Economía Circular en Galicia dende o punto de vista empresarial.