Project Description
Mercado de troco e segunda man
Os mercadillos de troco e segunda man convertéronse nunha tendencia cada vez máis popular, e non é de estrañar, estes espazos ofrecen unha multitude de beneficios tanto para o medio ambiente como para a sociedade:
- Contribúen a reducir a xeración de residuos, promoven a reutilización e diminúen a demanda de novos produtos, o que á súa vez reduce o impacto ambiental.
- Fomentan a interacción entre persoas e crean comunidade.
- Estimulan a imaxinación e a creatividade ao atopar novas formas de utilizar obxectos que xa non usamos.
- Permiten atopar produtos a prezos máis accesibles, fomentan o aforro e xeran ingresos adicionais para os vendedores.
Con isto en mente, Comparte en colaboración co Concello de Santiago de Compostela atoparon no edificio recentemente rehabilitado da Fábrica da Luz o lugar perfecto para que os veciños do concello puidesen reservar un espazo e ter a oportunidade de vender ou trocar obxectos aos que xa non lle desen uso. Naceu o Mercado da Luz.
Funcionamento do Mercado da Luz
- O Concello cede un lugar para a realización do mercado o último sabado de cada mes.
- Os veciños interesados poden solicitar a través dun formulario web un dos 22 espazos habilitados.
- A cesión do espazo pode ser durante todo o día ou ben en quenda de mañá ou de tarde.
- As prazas son limitadas e en función das solicitudes a organización avisará aos veciños que obteñan a praza.
- acceso ao recinto é gratuíto tanto para os vendedores como para os compradores.
O noso traballo
Comparte encárgase da organización do Mercado, que inclúe:
- Deseño, produción, montaxe e desmonte do mobiliario e decoración.
- Deseño e produción de Merchandising, roupa, etc.
- Comunicación e publicidade do evento.
- Xestión das inscricións e comunicación cos veciños.
- Coordinación dos promotores.