Project Description

Campaña informativa sobre a pechadura do contedor marrón – Concello de Arteixo

En colaboración co Concello de Arteixo, realizamos unha campaña informativa porta a porta en todo o núcleo urbano para que a veciñanza saiba como debe solicitar a chave electrónica e poder beneficiarse da bonificación do 15% na taxa do lixo do ano 2026. Para poder acadar esa reducción, é preciso utilizar a chave, polo menos, 30 veces. 

Persoas promotoras uniformadas percorreron todo o casco urbano do centro da vila de Arteixo, repartiendo folletos informativos aos veciños, coa intención de comunicar os cambios que se van producir de cara ao ano 2026. Ademais, o día 22 de novembro, sábado de feira, preparouse un espazo informativo onde os veciños poideron achegarse a solicitar información, a suxerir cambios e tamén a trasladar queixas sobre diversos aspectos da xestión de residuos en Arteixo.